O catedrático da USC Oro Cabanas, entre os relatores da II Conferencia Internacional de Lingüística e Literatura de Roma
O catedrático do Departamento de Filoloxía Inglesa da USC e profesor na Facultade de Humanidades do campus de Lugo, José Manuel Oro Cabanas, figura entre os relatores que tomaron parte na II Conferencia Internacional de Lingüística e Literatura que vén de celebrarse en Roma, un foro científico aberto á participación de investigadores e profesores universitarios, así como a profesionais da industria e das administración, no marco do que se tratan cuestión relacionadas coa investigación e o desenvolvemento da práctica profesional en lingüística e literatura.
Oro Cabanas, que acudiu a esta conferencia internacional como relator convidado, ofreceu na súa intervención unha conferencia baixo o título ‘Desde as xeneralidades ás complexidades na tradución a través da análise de error’.