Catro equipos representarán a Galicia no concurso ‘Avatar. Descubrindo a Estatística a través dos datos’

O Concurso ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’ acaba de seleccionar na fase final disputada na Facultade de Matemáticas aos equipos que representarán a Galicia na décimo cuarta edición da Fase Nacional do concurso ‘Avatar. Descubrindo a Estatística a través dos datos’ que se celebrará a finais de mes de Logroño.
Na categoría de 1º e 2º de ESO foi seleccionado o proxecto ‘Contade con nós’ realizado por alumnado de IES de Cacheira de Teo, mentres que na de 3º e 4º de ESO proclamouse gañador o proxecto ‘Oncovida. Números que contan historias’ da Aula Hospitalaria do Ccomplexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Finalmente, na categoría de Bacharelato e Ciclos formativos de grao medio resultaron gañadores os proxectos ‘O lado escuro da mielo’, do CPR Divina Pastora Franciscanas de Ourense, e ‘Todas as persoas que son felices son conscientes de que o son?’ di IES As Lagoas de Ourense.
Este concurso promóveo a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación Operativa (SGAPEIO) e está dirixida ao alumnado de secundaria de Galicia que presentase traballos de investigación estatística realizados por equipos dun máximo de cinco estudantes titorizados por un/ha docente. Nesta edición colaboraron no desenvolvemento desta certa a Facultade de Matemáticas da USC; a Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; o Instituto Galego de Estatística (IGE); o Centro de Investigación e Tecnoloxía de Matemática de Galicia (CITMAGa); e a empresa Gadis.