Ir o contido principal

A chegada de Donald Trump á Casa Blanca, a debate este martes na Casa do Saber nos ‘Encontros Internacionais: cultura e Política’

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
Max Jean Zins e Jesús Varela Zapata abordarán aspectos xeoestratéxicos da política de Trump no marco dun coloquio que estará moderado polo xornalista Antón Grande

A chegada de Donald Trump á Casa Branca centrará este martes, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, a temática do coloquio ‘Donald Trump: Cara a onde soprarán os ventos’’, un foro organizado no marco dos ‘Encontros Internacionais: Cultura e Política’, no que intervirán como relatores o profesor ad honorem da Facultade de Humanidades da USC Max-Jean Zins e o tamén docente no centro universitario lugués Jesús Varela Zapata.

O xornalista e vicepresidente da Asociación da Prensa de Lugo, Antón Grande, será o encargado de moderar esta sesión, un foro de entrada libre e gratuíta para todo o público interesado, no que os dous relatores convidados abordarán algúns dos aspectos xeostratéxicos da política impulsada polo actual presidente estadounidense. A comparación entre o actual xiro político que implica a suposta alianza entre EE.UU. e Rusia fronte a China fronte acaecido na década dos anos 70 do pasado século XX, cando Nixon optou en favor de China contra Rusia, será un dos puntos de debate no marco deste foro, que tamén analizará as implicacións do cambio político actual no eido da política económica. As novas tensións xurdidas na política interior de Estados Unidos, en parte relacionadas coa posición frontal contra a emigración musulmana e mexicana de Trump, tamén serán obxecto de análise nesta sesión.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.02.2017.