Ir o contido principal

O ciclo de cinema negro francés bota a andar na Facultade de Humanidades coa proxección do filme ‘O peirao das brumas’

Cartaz do filme 'O peirao de brumas'
Cartaz do filme 'O peirao de brumas'
A sesión, de entrada libre e de balde, desenvólvese este luns, a partir das 19.30 horas, no salón de actos da Facultade de Humanidades

O ciclo de cinema negro francés, unha programación promovida pola sección de francés do Centro de Linguas Modernas no campus de Lugo, bota a andar este luns 24 de abril unha nova edición no salón de actos da Facultade de Humanidades, o mesmo escenario que acubillará outras dúas proxeccións ao longo do mes de maio.

A presente edición deste ciclo de cine en versión orixinal leva como título engadido ‘A marxe’, ao tratarse unha proposta que agroma unha achega de filmes que non pertencen ao xénero do cinema negro propiamente dito, aínda que, dun xeito ou doutro, vincúlanse co xénero por diferentes razóns que van desde a ambientación ao tratamento estético ou a introdución de determinados personaxes.

A primeira das propostas cinematográficas incluídas neste ciclo, ‘Le quai des brumes’ (‘O peirao das brumas’), un filme dirixido por Marcel Carné no ano 1939, con guión e diálogos de Jacques Prévert e con Jean Gabin, Michel Morgan et Michel Simon como intérpretes dos personaxes principais, proxéctase este luns, a partir das 19.30 horas, no salón de actos a Facultade de Humanidades. A entrada é libre e de balde para todo o público interesado.

O ciclo terá continuidade no mes de maio con tres novos filmes: 'Pickpocket' (1959), de R. Bresson; 'Judex' (1965), de Franju, e 'Alphaville' (1965), de Godard. As datas destes filmes fican pendentes de confirmación. Todos os filmes proxectaranse en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2017.