Ir o contido principal

O ciclo de cinema negro francés continúa o luns na Facultade de Humanidades coa proxección do filme ‘Pickpocket’

Cartaz do filme 'Pickpocket'
Cartaz do filme 'Pickpocket'
A sesión, de entrada libre e de balde, desenvolverase este luns 8 de maio, a partir das 19.30 horas, no salón de actos da Facultade de Humanidades

O ciclo de cinema negro francés, unha programación promovida pola sección de francés do Centro de Linguas Modernas no campus de Lugo, continúa este luns 8 de maio no salón de actos da Facultade de Humanidades coa proxección de ‘Pickpocket’, un filme realizado en 1959 por Robert Bresson, que poderá verse en versión orixinal con subtítulos en español.

A segunda das proxeccións programadas na cuarta edición do ciclo de cinema negro francés, responde a un filme que non é de estilo policíaco, no que o autor se esforza por expresar, a través de imaxes e sons, o pesadelo dun mozo movido pola súa debilidade fronte a unha aventura de carteirista á que non está acostumado.

O ciclo de cinema negro francés, unha actividade promovida e organizada pola sección de francés do CLM no campus de Lugo e que nesta edición leva por título ‘Á marxe’, terá continuidade os luns 15 e 29 de maio con outros dous novos filmes 'Judex' (1965), de Franju, e 'Alphaville' (1965), de Godard.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.05.2017.