Ir o contido principal

A colección persoal de Pitusa Arias pasa a enriquecer os fondos do Arquivo Histórico universitario

Parte do material doado
Parte do material doado
Os materiais incorporaranse ao fondo DOAME (Documentación da Oposición Antifranquista e Movemento Estudantil da Universidade de Santiago)

O Arquivo Histórico Universitario da USC (AHUS) recibiu este xoves para o seu fondo DOAME (Documentación da Oposición Antifranquista e Movemento Estudantil da Universidade de Santiago) a colección persoal da finada María Xesús 'Pitusa' Arias sobre o movemento estudantil, o feminismo e o nacionalismo galego do século XX.

Este fondo documental reúne materiais do movemento estudantil, de diversas organizacións do ámbito do nacionalismo dos 1970 e 1980 e de entidades culturais e artísticas. A través deles pódese estudar o desenvolvemento de organizacións estudantís como ERGA e políticas, especialmente da UPG, a ANPG e o BNG. Ademais, a documentación reflicte o traballo de Pitusa na loita polos dereitos da muller e pola participación feminina dentro destas organizacións.

DOAME é unha iniciativa do Grupo HISTAGRA e do AHUS para recoller, catalogar, conservar os materiais xerados polo estudantado galego e poñelos á disposición da investigación. O fondo está aberto e anima a realizar máis doazóns de documentación xerada polo movemento estudantil, para o que só é preciso poñerse en contacto co grupo HISTAGRA no correo electrónico histagra [at] usc.gal (histagra[at]usc[dot]gal).

Desiré Domínguez, directora do AHUS, e Roque Sanfiz, o doante da colección
Desiré Domínguez, directora do AHUS, e Roque Sanfiz, o doante da colección
Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.04.2025.