Ir o contido principal

Comeza en abril o X Curso de Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría acollerá dende o próximo 8 de abril a décima edición do Curso de Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano que organiza Enxeñaría sen Fronteiras, recoñecido con 2 créditos ECTS para todas as titulacións da USC.

As seis xornadas do encontro perseguen amosar unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións. Así mesmo, insistirase na importancia de pór a tecnoloxía e a enxeñaría ao servizo do desenvolvemento das persoas en todo o mundo, inseparablemente do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.

Entre os temas a tratar figuran cuestións de actualidade como a soberanía alimentaria, perspectiva de xénero na cooperación, as culturas indíxenas, o acceso á auga, o concepto de tecnoloxías apropiadas, as alternativas ao modelo enerxético actual, a banca ética ou a pesca sostible.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.03.2016.