Ir o contido principal

As competencias profesionais dos xestores culturais, a debate nunha xornada monográfica na Facultade de Humanidades

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada

As competencias profesionais dos xestores e mediadores culturais, así como a súa implicación no desenvolvemento de proxectos neste eido, centrará a temática da VI Xornada en Xestión e Mediación Cultural organizada pola Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC e que se desenvolverá o vindeiro 17 de novembro.

A análise das competencias requiridas para atopar un emprego no ámbito da xestión cultural, o debate sobre a cultura como motor de desenvolvemento, as pautas que implica o feito de traballar coa cultura e a exposicións dalgúns casos como modelos de éxito centran boa parte do programa desta sesión formativa e de divulgación, unha xornada que tamén inclúe un obradoiro práctico guiado por profesionais da xestión cultural.

As persoas que estean interesadas en participar como asistentes nesta xornada poden facer a súa inscrición de balde ata o mércores 16 de novembro a través do enderezo de correo electrónico fhdeca [at] usc.es (fhdeca[at]usc[dot]es). As solicitudes de inscrición deben incluír os datos referidos á identidade da persoa solicitante, así como á súa ocupación laboral ou condición de estudante.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.11.2016.