Unha conferencia na ETSE analiza o proceso de implantación da norma ISO 15504 SPICE en Televés
O responsable de Seguridade e Enxeñaría do Software de Televés, Byron Ortiz, explicará na Escola Técnica Superior de Enxeñaría como a empresa Televés abordou a mellora de procesos para o desenvolvemento do seu software a través da implantación da norma ISO 15504 SPICE (Sotware Process Improvement and Capability dEtermination). Será no transcurso dunha conferencia este martes 5 a partir das 12:00 horas no Salón de Actos da ETSE. Como explicará na súa intervención Byron Ortiz, a SPICE é un estándar internacional para a avaliación e mellora da calidade dos procesos de desenvolvemento e mantemento de software. No seu relato presentará detalles de como Televés implantou se xeito integral este procesos a través dun traballo que comezou coa detección inicial das necesidades de mellora, continuando coa selección dos procesos a ser mellorados, ata chegar á avaliación final dos resultados e a medición do esforzo que supuxo a implantación. Byron Ortiz incorporouse en 1998 ao Departamento de I+D tras desenvolver tarefas orientadas á docencia e diversos postos no ámbito das TIC. Xa en Televés tomou parte en diversos proxectos, tanto nacionais como internacionais.