Ir o contido principal

A conferencia temática en electrónica para física de partículas Twepp 2019 bota a andar este luns na Facultade de Química

Cartaz da conferencia en electrónica para física de partículas
Cartaz da conferencia en electrónica para física de partículas
A celebración desta conferencia permitirá a investigadores e profesionais de prestixio internacional analizar e debate sobre as últimas innovacións neste eido

A conferencia temática en electrónica para física de partículas Twepp 19 bota a andar este luns na Facultade de Química da USC, que será o escenario das distintas sesión programadas no marco deste evento científico, promovido polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e a USC co apoio do Cern. A sesión inaugural desenvolverase este luns 2 de setembro, ás 14.00 horas na Aula Magna, cun acto de benvida aos preto de 200 inscritos neste foro, que se prolongará ata o 6 de setembro na Facultade de Ciencias da USC.

O programa científico deste evento céntrase en todos os aspectos da electrónica con aplicación para os experimentos de física de partículas e a instrumentación do acelerador. Os experimentos de LHC e a súa experiencia operativa continúan a ser un dos eixos centrais deste reunión, que tamén prestará especial atención ao I+D para futuros experimentos.

A celebración desta conferencia temática en electrónica para física de partículas en Santiago de Compostela permitirá a investigadores e profesionais de prestixio internacional analizar e debate sobre as últimas innovacións neste eido, ao tempo que tamén favorecerá o intercambio e coñecementos e liñas de traballo a través de diversas comunicacións orais, presentacións e sesións de pósters.

Alén dos relatorios programados no marco deste foro científico, cuxo comité de organización local está coordinado polo profesor Pablo Vázquez, a Twepp2019 servirá tamén de escenario para a presentación de numerosas contribucións por parte de empresa e grupos de investigación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.12.2019.