Conferencia ‘Está a UE en risco mortal? Desafíos actuais e futuros para a próxima lexislatura do Parlamento Europeo’

A cargo da profesora da Complutense Mercedes Guinea
A Oficina EUniWell e o Centro de Estudos e Documentación Europeos (CEDE) da USC celebran o Día de Europa cunha actividade conxunta.
Será o luns 6 de maio, ás 12.00 horas na sala de xuntas da facultade de Dereito, coa conferencia da profesora de Relacións Internacionais da Universidade Complutense de Madrid, Mercedes Guinea, titulada ‘Está a UE en risco mortal? Desafíos actuais e futuros para a próxima lexislatura do Parlamento Europeo’.
