Ir o contido principal

O conserxe da Reitoría Manuel Ameneiro recibiu unha homenaxe dos seus compañeiros da USC co gallo da súa xubilación

Manuel Ameneiro Lata recibiu este xoves no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome unha cálida homenaxe dos seus compañeiros da USC con motivo da súa recén estreada xubilación.
No transcurso do acto, os compañeiros do que fora conserxe da Reitoría da USC fixéronlle entrega dun agasallo conmemorativo desta data. Manuel Ameneiro inicia unha nova etapa da súa vida logo de varias décadas de andaina universitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.01.2007.