Ir o contido principal

O curso ‘Traballo diario con Ubuntu. O sistema operativo libre da USC e do proxecto Abalar’ celebrarase na ETSE do 18 ao 22 de xullo

As Aulas de Informática da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago son o espazo no que se vai celebrar entre os días 18 e 22 de xullo o curso e verán ‘Traballo diario con Ubuntu – O sistema operativo libre da USC e do proxecto Abalar’, unha proposta formativa que dirixe Tomás Fernández Pena. O curso conta coa colaboración e patrocinio de asociacións e empresas galegas dedicadas ao software libre. Como moverse e traballar no contorno Ubuntu, os aplicativos para traballar con Internet, o modo de instalar e eliminar paquetes de software ou as posibilidades de GNU/Linux son os temas que vertebrarán as distintas intervencións programadas.

Impartirán as sesións representantes das oficina de Software Libre das Universidades de Santiago e A Coruña así como representantes e socios de empresas galegas do sector como Tegnix, Sacauntos Cooperativa Gráfica ou OpenHost. Para acadar máis información sobre o programa ou sobre o proceso de matrícula, as persoas interesadas poden visitar a páxina web do curso en http://www.usc.es/cultura/uveran02_11.htm.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.06.2011.