Ir o contido principal

O docente Ramón Vázquez Lorenzo imparte unha nova conferencia do Seminario Vidal Abascal

O profesor da universidade compostelá Ramón Vázquez Lorenzo imparte este xoves, día 18, unha nova conferencia do Seminario Vidal Abascal que organiza o Departamento de Xeometría e Topoloxía da USC. O profesor Vázquez Lorenzo disertará sobre as ‘Estruturas de Walker: aplicación ao estudo das variedades de Osserman’ nunha sesión que comezará ás 16:30 horas na Aula 7 da Facultade de Matemáticas.
A charla pretende abordar a construción de exemplos de variedades de Osserman ‘4-dimensionais’ con propiedades consideradas imposibles por moitos autores para, a continuación, realizar a descrición completa deste tipo de variedades.
O seminario ‘Vidal Abascal’O seminario cambia o seu nome en homenaxe ao profesor Enrique Vidal Abascal, partícipe fundamental na creación do citado Departamento e da Facultade de Matemáticas da USC, onde ocupou o cargo de director e decano, respectivamente, ademais de ser unha figura emblemática da matemática galega actual.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.01.2007.