Docentes da USC reúnense na ETSE na primeira xornada da plataforma de cursos masivos en liña en aberto de Universia
O Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría acolle este venres 12 a primeira xornada de Miriada X, a plataforma de cursos masivos en liña en aberto (coñecidos como MOOCs) posto en marcha polo Banco Santander e Telefónica. Entre os interviñentes figuran persoas premiadas por Universia en diversos certames sobre a xestión de cursos en liña e masivos. Dirixida a docentes da Universidade de Santiago, o encontro inaugurarase ás 9.00 horas coa presenza do reitor, Juan Casares; do conselleiro delegado de Universia, Jaume Pagés; do director xeral de Universia, Pedro Aranzadi; e de Paloma Barba, de Telefónica. A sesión comeza coa charla de María Dolores Castrillo, profesora de ‘Alemán para hispanofalantes’ da UNED, curso gañador do I Premio MECD-Telefónica Learning Services-Universia ao mellor MOOC de Miríada X. Seguiralle Juan Medina, profesor do curso ‘Matemáticas básicas’, gañador do accésit no mesmo certame. A xornada continúa con David Carabantes Alarcón, docente de ‘Xestión da Información Científica en Aberto’, da Complutense, e Fernando Cañizal Berini, vicerreitor primeiro e de profesorado da Universidade de Cantabria. Ax ornada rematará coa charla ‘Cómo promocionar a participación de docentes en proxectos de cursos en liña masivos en aberto’ a cargo de José Morillo-Velarde, subdirector xeral de Centros da Fundación Universitaria San Pablo CEU.