Ir o contido principal

A Escola de Relacións Laborais de Lugo celebra o venres o acto de graduación da súa XI promoción

A Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo celebra este venres 6 o acto académico de graduación da súa XI promoción de diplomados. O acto, no que recibirán os seu diplomas un total de 34 alumnos, terá lugar a partir das 19:30 horas no salón de actos da Escola.
A madriña da promoción deste ano será a profesora da escola e tamén avogada Esperanza Ferreiro Abelairas.
Ademais da entrega de diplomas e imposición de insignias aos novos titulados, durante o acto farase o recoñecemento por parte da Fundación Campus Universitario de Lugo e do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo ao mellor expediente académico da X promoción, que lle será outorgado a Laura López Souto.
No acto estarán presentes, ademais da directora da Escola, Mercedes Montes; a vicerreitora adxunta de Oferta e Xestión Académica, Begoña Barreiro; o presidente da Fundación Campus Universitario de Lugo, Alfredo Mosteirín; o presidente do Colexio de Graduados Sociais, Manolo Gómez, e representantes da CEL e da Deputación Provincial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.06.2008.