Ir o contido principal

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría celebra este xoves o día do centro

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC celebra este xoves 18 o seu día cun acto que presidirá ás 12.00 horas o reitor Juan Casares Long, que estará acompañado polo director da Escola, Antonio Mosquera; o presidente do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia, Fernando Suárez; o resto do equipo de dirección do centro e os directores dos Departamentos. Logo da lectura da memoria actividades da Escola do pasado curso pola secretaria do centro, a profesora Purificación Cariñena Amigo, terá lugar a entrega dos premios extraordinarios de doutoramento e de fin de carreira; aos mellores expedientes e traballos de fin de grao e mestrado e de fin de carreira; e os galardóns á calidade lingüística de traballos académicos. O acto continuará coa intervención do presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, Fernando Suárez Lorenzo, sobre o futuro das enxeñarías ante a reforma da Lei de Servizos Profesionais. A sesión rematará coa entrega dos premios Leonardo á Docencia, á Docencia en Inglés, o Tecnocom ao mellor Traballo Fin de Grao en Enxeñaría Informática, Coremain ao mellor Traballo Fin de Grao en Enxeñaría Informática, Coremain ao mellor Proxecto Fin de Carreira en Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e o AGBAR-AQUAGEST ao mellor Traballo Fin de Máster en Enxeñaría Ambiental.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2013.