Ir o contido principal

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría cumpre dez anos

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago conmemora este xoves 12 o seu décimo aniversario cun acto no propio centro académico que presidirá o reitor Juan Casares. No transcurso da sesión, o director da ETSE, Juan Lema, abrirá unha quenda dedicada ao “Nacemento dunha Escola” na que tamén intervirán o ex reitor Senén Barro e o ex vicerreitor de Infraestruturas Antonio López. A conmemoración comezará ás 12.00 horas coa presentación da memoria de actividades da Escola durante 2010-2011 a cargo da secretaría do centro Mª Teresa Moreira. Continuará coa entrega dos premios ao Mellores Expedientes e Mellores Proxectos Fin de Carreira, aos da Calidade Lingüística de Traballos Académicos, os Leonardo á Docencia e Leonardo á Iniciación e os de Docencia en inglés no curso 2010-2011. Ademais, nesta mesma xornada farase entrega dos premios Tecnocom e Coremain ao Mellor Traballo Fin de Grao en Enxeñaría Informática, e o premio Coremain ao Mellor Traballo Fin de Máster en Investigación en Tecnoloxía Informática.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2012.