Ir o contido principal

Especialistas internacionais debaterán en Filosofía sobre cognición social e axencia colectiva

A xornada celebrarase presencial en Filosofía, pero tamén se pode seguir vía Teams
A xornada celebrarase presencial en Filosofía, pero tamén se pode seguir vía Teams
Un encontro reflexionará sobre os procesos cognitivos compartidos e a acción colectiva nunha xornada que tamén se poderán seguir en liña
Santiago de Compostela

Especialistas internacionais reflexionarán sobre os procesos cognitivos compartidos e a acción colectiva arredor do obradoiro ‘Cognición social e axencia colectiva’. O encontro celebrarase o vindeiro venres 18 na Facultade de Filosofía entre as 10.00 e as 17.00 horas, aínda que tamen se poderá seguir en liña a través de Teams.

A xornada está organizada e coordinada por Xavier de Donato e enmárcase na liña de investigación do grupo ‘Discourse & Identity’ cuxa finalidade é promover a análise interdisciplinar e o intercambio académico sobre temas clave como a percepción social, a cooperación, a responsabilidade colectiva e a identidade compartida.

O desenvolvemento programa intervirán Sophie Keeling, docente na UNED, especializada en filosofía da mente, epistemoloxía social e procesos de cognición colectiva; ou Kenneth Silver, do Trinity College Dublin, investigador centrado en filosofía da acción, responsabilidade moral e axencia colectiva, as súas publicacións exploran como se articulan as decisións e accións cando son realizadas en grupo, así como os dilemas éticos que xorden.

Tamén intervirán Javier González de Prado, filósofo e profesor na UNED, experto en teorías da mente social e percepción compartida, a súa liña de investigación oriéntase á intersección entre fenomenoloxía, teoría da mente e cognición social, destacando o papel da empatía e a interacción; e Dorna Behdadi, Investigadora na Umeå University (Suecia), especializada en epistemoloxía social e filosofía política, cuxo traballo se centra nos mecanismos de cooperación e confianza en contextos democráticos, así como nas estruturas de axencia colectiva en movementos sociais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.07.2025.