Ir o contido principal

A ETSE acolle en xullo as xornadas de control automático e robótica con ferramentas Open Source 2009

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC 2009

Entre o 14 e o 17 de xullo a Escola Técnica Superior de Enxeñaría acollerá as Xornadas de control automático e robótica con ferramentas Open Source 2009 (XCARFOS 09) que dirixen Tomás Fernández Pena e Xulio López Albín.
Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples solucións, os organizadores do encontro propoñen as baseadas en deseños libres que ademais de seren completamente funcionais facilitan a súa implementación nas PEMES e no ensino.
Deste xeito, as xornadas queren servir de introdución ao control automático e aos rudimentos básicos da robótica con microcontroladores, todo iso empregando licenzas libres. No curso presentarase de forma práctica tanto o uso de hardware libre Arduino como as ferramentas de programación necesarias e dispoñibles en GNU/Linux.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.06.2009.