Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo entrega os diplomas do II Máster en Prevención de Riscos Laborais

Os alumnos que superaran con éxito a II edición do Máster en prevención de Riscos Laborais que organiza a Facultade de Ciencias de Lugo recibirán este xoves, día 25, os seus diplomas acreditativos.
Ao acto, que se celebrará ás 12:00 horas no Salón ‘José Rodríguez Mourelo’ do centro lugués, asistirán o vicerreitor de Coordinación da USC, Carlos Herrero Latorre; o decano da Facultade de Ciencias, Francisco Fraga; e o profesor de Saúde Pública José Carlos Quintas Fernández, estes dous últimos directores do máster.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.01.2007.