A Facultade de Ciencias da Educación da USC celebra este venres o seu patrón
Isaac Díaz pardo imparte a conferencia 'Educación: memoria e desafío'
A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago celebra este venres, día 9, o seu patrón Frei Martín Sarmiento. O acto, que estará presidido polo vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo, Máximo Plo, terá lugar ás 12:00 horas no Salón Nobre do Pazo de Fonseca.
Tras a apertura oficial intervirá o decano da Facultade, Luis Ferradás Blanco, para continuar coa entrega de diplomas dos Premios Extraordinarios de Doutoramento, Licenciatura e Diplomatura.
O acto continuará coa conferencia ‘Educación: memoria e desafío’ quepronunciará Isaac Díaz Pardo.