A Facultade de Ciencias da Educación da USC celebrou a festividade do seu patrón Frei Martín Sarmiento

Isaac Díaz pardo impartiu a conferencia 'Educación: memoria e desafío'
A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago celebrou este venres a festividade do seu patrón Frei Martín Sarmiento. O acto, que estivo presidido polo vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo, Máximo Plo, desenvolveuse no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Tras a apertura oficial interviu o decano da Facultade, Luis Ferradás Blanco, para continuar coa entrega de diplomas dos Premios Extraordinarios de Doutoramento, Licenciatura e Diplomatura. O programa da xornada completouse coa conferencia ‘Educación: memoria e desafío’ queimpartiu Isaac Díaz Pardo.