Ir o contido principal

A Facultade de Dereito conmemora este venres a festividade do seu patrón San Raimundo de Peñafort

A Facultade de Dereito da USC conmemora este venres, día 26, a festividade do seu patrón San Raimundo de Peñafort nun acto académico que se vai celebrar no Salón de Graos do centro a partir das 18:30 horas. Ademais, na mesma sesión distinguiranse aos alumnos que rematan os seus estudos así como as persoas que teñen dedicado boa parte das súas vidas profesionais a esta facultade compostelá.
Baixo a presidencia da vicerreitora de Calidade e Planificación, Mª Paz García Rubio, e coa presenza do decano do centro Antonio López, no acto entregarase a Insignia de Ouro do centro á profesora Teresa Ponte Iglesias, catedrática de Dereito Internacional Público que cumpre máis de 25 anos de servizos docentes. Deseguido procederase á entrega dun diploma acreditativo aos 244 alumnos que ao longo de 2006 remataron o seus estudos na Licenciatura de Dereito.
Rematando a sesión académica, darase lectura á memoria de actividades desenvolvidas durante o pasado curso 2005-2006.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.01.2007.