Ir o contido principal

A Facultade de Veterinaria acolle esta fin de semana un curso sobre a saúde do poldro

‘O Poldro. Dende o seu nacemento ata o primeiro ano de vida’ é o título do curso que organiza a Facultade de Veterinaria para os días 12, 13 e 14 deste mes. As clases, impartidas por expertos como Joaquín Clotet de Nutrimentos Purina, o técnico en cría equina da Deputación Ourense, Óscar Guzmán, ou o veterinario de Laboratorios Merial e xinete Cornelio Carbajales inclúen tanto relatorios como exercicios prácticos que se desenvolverán entre o auditorio do centro e o Hospital Clínico Veterinario Rof Codina.
O curso está recoñecido cun crédito de libre configuración para os estudantes de veterinaria, aínda que tamén se dirixe a veterinarios, gandeiros, xinetes ou afeccionados en xeral. No seu contido estudaranse aspectos como o parto, os primeiros días de vida dun poldro, a súa vacinación e desparasitación ou as principais patoloxías.
O ciclo, organizado polo Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias e o Rof Codina e dirixido por Blanca L. Villanueva Santamarina, ten un prezo de 50 euros para os estudantes da USC e de 70 euros para persoal alleo incluíndo un diploma de participación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.01.2007.