Ir o contido principal

Farmacia entrega os premios de Literatura en Lingua Galega

Noelia Martínez Pena e Rosa María Llorente recollerán os galardóns do Certame de Literatura en Lingua Galega ‘150 Aniversario Facultade de Farmacia’ nun acto que terá lugar este venres 25 ás 13:00 horas no Salón de Actos de Farmacia.
Asistirán o vicerreitor de Cultura, Elias J. Torres; o decano do centro, José Miñones Trillo; e a presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña, Rosa Lendoiro. Tamén, acode ao evento o xurado do concurso formado polos profesores da Área de Filoloxía Galega e Portuguesa da USC, Xosé Luis Couceiro, José Carlos Quiroga e Xosé M. Salgado.
Noelia Martínez Pena, estudante da USC, acadou o premio na modalidade de poesía pola súa obra ‘Ou Peitoril dá miña fiestra’. Pola súa banda, o mellor relato foi ‘Fraternité’, escrito por Rosa María Llorente, galardoada noutros certames e cun libro xa publicado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2008.