Ir o contido principal

A fase clasificatoria da Olimpíada Matemática Galega 2007 celébrase este venres na USC

A Olimpíada Matemática Galega 2007, que se corresponde coa Fase Galega da XLIII Olimpíada Matemática Española, celebrarase este venres, día 19, e o sábado na Facultade de Matemáticas da USC. A sesión de clasificación terá lugar o venres ás 16:00 horas, mentres que a final será o sábado ás 10:00 e dela sairán ata un máximo de nove mozos que representarán a Galicia na Fase Nacional.
Esta competición ten como obxectivo fundamental estimular o estudo das matemáticas e redescubrilas fóra dos ríxidos temarios curriculares e dos chamados exercicios tipo; en definitiva, trata de fomentar o gusto pola Resolución de Problemas. Deste xeito, non se requiren uns coñecementos especiais de matemáticas, senón que se busca a capacidade de raciocinio e a orixinalidade do pensamento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.01.2007.