Ir o contido principal

Filoloxía celebra o seu acto de licenciatura

A vicerreitora de Cultura Elvira Fidalgo preside este venres 24, ás 18:00 horas no salón de actos do centro, a cerimonia de licenciatura da Facultade de Filoloxía, no que tamén intervén o decano do centro, Ernesto González.
Ademais dunha representación do estudantado, no mesmo acto pronunciarán unhas palabras os padriños das promocións das distintas especialidades. Por Filoloxía Alemá intervén Mª José Domínguez Vázquez; Helena de Carlos e José Carracedo por Filoloxía Clásica; Mª Luz Casal e Carlos Valcárcel por Francés; representando a Filoloxía Galega Xosé Manuel Salgado; a Hispánica Luis Iglesias Feijóo e a Filoloxía Inglesa Patricia Fra e Manuel Míguez.
Antes da entrega de diplomas terá lugar unha actuación musical a cargo do Grupo Instrumental Siglo XX.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2009.