Filoloxía Galega homenaxea ao profesor Xosé Luis Couceiro Pérez
O Departamento de Filoloxía Galega organiza na xornada do luns, 2 de marzo, unha acto homenaxea ao profesor Xosé Luis Couceiro Pérez con motivo do seu 65 aniversario. A sesión celebrarase a partir das 12:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía.
A homenaxe inclúe tamén a presentación do volume A mi dizen quantos amigos ey. Homenaxe ao profesor Xosé Luis Couceiro, colectánea organizada polo propio Departamento e coordinada por Esther Corral, Lydia Fontoira e Eduardo Moscoso.