O filósofo Carlos París debateu sobre a Universidade nunha mesa redonda a propósito do seu libro 'Memorias sobre medio siglo'
‘50 anos de Universidade. A propósito de Memorias sobre medio siglo, de Carlos París Amador’ foi o título da mesa redonda que na tarde do luns tivo lugar na Facultade de Filosofía. O propio Carlos París asistiu ao debate no que estivo acompañado do escritor e sociólogo Fermín Bouza Álvarez e do escritor Manuel Rivas, sendo moderador o catedrático Carlos Baliñas Fernández.
Carlos París (Bilbao, 1925) é catedrático emérito da Universidade Autónoma de Madrid, na que fundou o seu Departamento de Filosofía. É doutor honoris causa pola Universidade de Valencia e presidiu a Sociedad Española de Filosofía e o Ateneo Científico, Literario y Artístico de Madrid. A súa obra foi obxecto de diversos estudos e congresos internacionais e recentemente creouse un foro dedicado á análise e difusión do seu pensamento.