Fondo pesar na USC polo pasamento de Beatriz del Río Cancelas
Era Persoal Técnico de Xestión e de Administración e Servizos no Gabinete de Comunicación
A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento de Beatriz del Río Cancelas, Persoal Técnico de Xestión e de Administración e Servizos no Gabinete de Comunicación.
Os seus compañeiros e compañeiras súmanse á dor de familia e amizades e destacan o compromiso, dedicación e esforzo de Beatriz del Río Cancelas ao longo de tres décadas de servizo á Universidade de Santiago de Compostela, así como a súa capacidade para crear un bo clima de traballo e a súa insubstituíble calidez no trato diario.