Ir o contido principal

A Fonoteca universitaria proxecta a película 'Yellow submarine'

A Fonoteca universitaria, emprazada na Facultade de Ciencias da Comunicación, proxecta este xoves, día 25, a película ‘Yellow submarine’, dirixida por George Dunning con música e interpretación de The Beatles.
Esta actividade, que terá lugar ás 18:00 horas con entrada libre, enmárcase no ciclo semanal ‘Música en Imaxes’ que nesta ocasión se dedica aos fondos da Fonoteca.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.01.2007.