O grupo TRIADE da USC propón un percorrido por Compostela dende a súas terrazas

O Grupo TRIADE de Innovación Docente, formado por 41 docentes da Facultade de Xeografía e Historia, inaugura este mércores 23 de abril un proxecto cultural que propón un percorrido por Compostela dende a súas terrazas.
Nesta ocasión, trátase dunha conversa arredor da cidade dende a perspectiva que ofrece o miradoiro do Monte Gaiás/Cidade da Cultura cos profesores Miguel Pazos, de Xeografía, Pedro de Llano, de Arte, e Antonio Míguez, de Historia.
O punto de encontro será ás 17 horas na porta principal da Facultade de Xeografía e Historia ou ben ás 18 horas no miradoiro da CDC cara á cidade.
As prazas son limitadas, polo que haberá que reservar praza previamente no formulario: https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHe9E_BoSy-ANLkF4_h6KH-K1UQUY3RUpNV0JES0ZPWUtBRUVaSlRBWVBMVy4u