Ir o contido principal

Inauguración da exposición 'Vinte e catro anos de Andaina'

A Facultade de Veterinaria inaugura este xoves, día 8, a mostra ‘Vinte e catro anos de Andaina’, unha recompilación das portadas desta publicación dende que naceu en 1983. A Vicerreitoría de Cultura da USC organiza esta exposición que conta ademais co patrocinio do Fondo Social Europeo, o Instituto da Muller do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller da Xunta de Galicia.
Ao acto de inauguración, que terá lugar ás 19:15 horas na Sala Isaac Díaz Pardo do centro asistirán o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre; a vicerreitora de Infraestruturas e Servizos, Celia Besteiro; a vicedecana de Ordenación Académica de Veterinaria, Ángeles Moreno Grande; a delegada do Servizo Galego de Promoción da Igualdade, Ana Luisa Bouza Santiago, e representantes do colectivo Andaina.
Tras esta inauguración o Espazo de Danza da Universidade estreará, baixo a dirección artística de Juan Carlos Zahera, a coreografía ‘Cun par de TAkóNS!’ unha peza de creación colectiva que trata de transmitir os diferentes estados de ánimo na muller expresándoos por medio de estados físicos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.03.2007.