Ir o contido principal

O investigador do Centro Ramón Piñeiro Iván Enríquez ofrece en Humanidades un relatorio sobre o estudo da linguaxe infantil

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
A sesión, organizada pola Área de Lingüística, desenvolverase este venres, a partir das 12.30 horas, no salón de graos do centro universitario lugués

O doutor en Lingüística Aplicada e Teoría da Lingüística e investigador do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades Iván Enríquez Martínez ofrecerá este venres, a partir das 12.30 horas, no salón de graos da Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC, o relatorio ‘Do lapis e papel ao Big Data: un percorrido pola metodoloxía no estudo da linguaxe infantil’.

Este egresado da Facultade de Humanidades, onde completou a licenciatura en Filoloxía Hispánica, aproveitará a súa intervención no centro lugués para facer un breve percorrido polo polo estudo da linguaxe infantil ao longo da historia pasando por fitos tan importantes como os "experimentos" da antigüidade, o que nos ensinaron os nenos salvaxes, os diarios de bebé... Posteriormente centrará o seu interese nos corpus de fala infantil que se realizan na actualidade e, finalmente, describirá o método de Deb Roy e o uso de Big Data. A sesión, organizada pola Área de Lingüística Xeral da Facultade de Humanidades da USC, é aberta e de asistencia libre para todo o público interesado na temática.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2016.