Ir o contido principal

Investigadores da USC falarán no CHUS do desenvolvemento dun chip para a diagnose da retinose pigmentaria

Os investigadores do Grupo de Medicina Xenómica do Instituto de Medicina Legal da USC, María Brión e Alejandro Brea, participan este venres, día 9, noutra sesión das charlas de Xenética Médica que se celebran semanalmente no CHUS.
A procura de xenes candidatos e o desenvolvemento dun chip de diagnose para a retinose pigmentaria centrará a intervención, que terá lugar ás 13:00 horas na Aula 2 do centro hospitalario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.03.2007.