Ir o contido principal

Javier Bueno, novo director da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo

Javier Bueno, novo director da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo
Javier Bueno, novo director da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo
Ás eleccións presentábase unha única candidatura negociada con outros membros da EPS

A Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo elixiu este mércores, día 24, ao profesor, Javier Bueno Lema, como director do centro tras a celebración dunhas eleccións consensuadas ás que se presentaba como candidato único. Bueno, docente do Departamento de Enxeñaría Forestal acadou 71 votos a favor e 36 en branco.
O novo equipo de goberno estará formado, ademais por 3 subdirectores, o profesor de Ecoloxía e anterior director da Escola, Emilio Carral, o profesor de Expresión Gráfica Javier López e a profesora de Protección de Cultivos Begoña Martín. No equipo mantense a actual secretaria, a profesora de Bioloxía Animal Teresa Rodríguez.
Javier Bueno Lema, que fora nomeado no mes de xuño vicerreitor adxunto de Oferta e Xestión Académica, negociou co que era o actual director da EPS, Emilio Carral, a presentación dunha candidatura única.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.01.2007.