Ir o contido principal

O LII Congreso Aerelabo cita en Lugo representantes de 15 facultades e escolas de Relacións Laborais de España

Logo da Asociación Interuniversitaria de Estudantes de Relacións Laborais, Recursos Humanos e Graduados Sociais (Aerelabo)
Logo da Asociación Interuniversitaria de Estudantes de Relacións Laborais, Recursos Humanos e Graduados Sociais (Aerelabo)

O LII Congreso da Asociación Interuniveritaria de Estudantes de Relacións Laborais, Recursos Humanos e Graduados Sociais (Aerelabo) cita desde este xoves ata o domingo no campus de Lugo representantes dunha quincena de facultades escolas de Relacións Laborais de distintas universidades españolas.

As sesións programadas no marco deste simposio de carácter itinerante polas distintas universidades españolas comezarán este xoves, a partir das 9.15 horas, no salón de actos da Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo, cun acto oficial de inauguración presidido polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema. A directora da Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo, Mercedes Montes Rodríguez; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a deputada provincial delegada da área de Educación, María Loureiro; o presidente de Aerelabo, Guillermo Jáñez Cuervo, e o presidente do comité organizador do congreso, Fernando González López, tamén intervirán na sesión inaugural deste simposio, que se desenvolve baixo o título ‘O talento, o noso futuro’ e cuxo relatorio de apertura tratará sobre a xestión da empresa en Estados Unidos e Xapón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.04.2016.