En liña o último boletín da Aneca
A Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (Aneca) acaba de publicar o seu último boletín, no que se presenta o plan de actuación para 2007 así como o Programa Docentia, de apoio á avaliación da actividade docente do profesorado.
Neste número 42 da publicación electrónica infórmase ademais, entre outros moitos asuntos, de que permanece aberto o prazo da convocatoria para o Programa de Avaliación de Servizos de ANECA, que ofrece ás universidades a posibilidade de avaliar os seus servizos ou unidades de xestión tendo como referencia o Modelo EFQM de Excelencia.