Ir o contido principal

Mª Teresa Carrillo, relatora na XV Edición de Neurobeers

Pormenor do cartel de Neuroberrs
Pormenor do cartel de Neuroberrs
A catedrática Mª Teresa Carrillo, do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía e investigadora adscrita ao IPsiUS, participa cun relatorio titulado «¿Dónde está mi dolor, en la rodilla o en el cerebro?».

NeuroBeers é un evento socio-científico informal que se realiza tres veces ao ano en Madrid para reunir a profesionais da neurociencia cun público non especializado. A XV Edición de Neurobeers versará sobre sinestesia e información sensoriomotora. 

A exposición de M.ª Teresa Carrillo será o próximo luns 23 de marzo, ás 19 h, no  Café del Monaguillo (Plaza de la Cruz Verde, 3 - Metro Ópera, Sol y Tirso de Molina) de Madrid. No seu relatorio repasará os mecanismos fisiolóxicos de percepción e modulación da dor, dará conta sobre a función protectora da dor e desmontará algúns mitos e crenza estendidas sobre a dor crónica.

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.03.2025.