Ir o contido principal

Martes universitario na Caldeira do Monbus Obradoiro

Imaxe de arquivo dun partido de baloncesto no estadio universitario
Imaxe de arquivo dun partido de baloncesto no estadio universitario
A comunidade universitaria poderá asistir ao partido entre Monbus Obradoiro e Real Betis Baloncesto do próximo martes 10 con prezos exclusivos

A comunidade universitaria poderá acceder o vindeiro martes 10 con prezos e oportunidades exclusivas ao partido que enfrontará ao Monbus Obradoiro co Real Betis Baloncesto no Multiusos Fontes do Sar. A promoción inclúe tres modalidades: 100 entradas gratuítas para quen antes o solicite; 200 entradas a 3 euros cada unha; e outras 300 entradas a 5 euros cada unha, sempre que a capacidade do Multiusos o permita. Todas as localidades estarán situadas na Tribuna 2.

Para beneficiarse desta promoción, as persoas interesadas deberán presentar a súa Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) que acredite a súa condición de membro da comunidade universitaria no acceso ao pavillón. Os códigos promocionais para adquirir estas entradas xa están dispoñibles na web do Monbus Obradoiro. A vontade desta iniciativa por parte do equipo é achegar o deporte do elite á comunidade universitaria.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.12.2024.