O Máster Sustentable da Terra e do Territorio da USC comeza unha nova edición coa premisa de formar xestores do territorio

O coordinador do Máster Sustentable da Terra e do Territorio da USC, o profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC, David Miranda Barros, presentou este luns 8 de setembro a quinta edición do Máster Sustentable da Terra e do Territorio da USC, un programa universitario organizado polo Laboratorio do Territorio da USC e a través do que se busca contribuír a mellorar a planificación e a organización territorial do país coa formación de bos xestores do territorio.
O Máster Sustentable da Terra e do Territorio da USC é un máster universitario que está estruturado en 60 créditos ECTS que mestura as dimensións de formación teórica e de investigación, segundo sinalou o profesor Miranda, quen tamén subliñou o carácter internacional dun posgrao que na pasada edición recibiu alumnos estranxeiros de Brasil, Ecuador ou, entre outros países, México. O coordinador do Máster Terra, que fixo público o seu agradecemento a todas as persoas e entidades que fixeron e fan posible o desenvolvemento deste posgrao, destacou asemade que esta edición do máster inclúe, entre outras ferramentas de innovación docente, unha modalidade telepresencial co obxecto de facilitar a posibilidade de recibir e completar a formación incluída no máster a través de internet e sen necesidade de asistir ás sesións presenciais que se desenvolverán na Escola Politécnica Superior ao longo do curso 2014-2015. O máster en Xestión Sostible da Terra e do Territorio combina catro significados do concepto terra: ambiental, social, económica e cultural. O seu eixo central é o deseño de novos modelos de xestión territorial, nun contexto complexo, adecuándose ás características de cada espazo. Esta realidade complexa só pode ser abordada desde un enfoque multisectorial e e multidisciplinar, polo que o máster inclúe contidos de carácter tecnolóxico, ambiental, de planificación, xestión e sociais, dixo. O cadro docente do Máster Sustentable da Terra e do Territorio da USC é heteroxéneo e, aínda que máis do 60% do seu profesorado pertence á Escola Politécnica Superior, conta tamén con docentes doutras universidades, segundo dixo o coordinador do posgrao. Respecto dos contidos do máster, o profesor David Miranda indicou que a temática deste posgrao é moi ampla e abrangue desde a ordenación do territorio ata ferramentas e instrumentos máis operativos para a xestión de terras. Polo tanto, engadiu, o máster terra achega coñecemento no ámbito da planificación territorial cun especial enfoque cara Galicia, pero tamén recolle realidades e experiencias doutros países que na dita temática se poidan integrar. O director da Escola Politécnica Superior de Lugo, Tomás Cuesta García; a vicepresidenta segunda da Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez, tamén participaron no acto de presentación deste posgrao oficial da USC, no marco dunha sesión celebrada na sede do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader). Os distintos relatores presentes coincidiron en salientar a pertinencia deste programa formativo, “un máster único en España e imprescindible para este país, que conta cunha terra moi produtiva, pero aínda pouco organizada”, dixo o presidente da Fundación Juana de Vega, quen salientou a crecente idea de que “o territorio é un dos activos físicos máis importantes, pero cada vez máis escaso. Inscricións e matrícula A quinta edición do Máster Sustentable da Terra e do Territorio da USC conta xa con máis dunha ducia de persoas matriculadas. As persoas que estean interesadas en completar este programa formativo, que aínda con con sete prazas vacantes, poderán formalizar a súa matrícula ata o vindeiro 19 de setembro no enderezo electrónico https://matricula.usc.es/loginx. Alumnos e docentes asistentes á presentación do máster na sede do Ibader