Ir o contido principal

O Mestrado en Investigación Biomédica, seleccionado na convocatoria de axudas Clínico Formación AECC 2025

Este mestrado ten orientación investigadora
Este mestrado ten orientación investigadora
Por medio desta convocatoria, as persoas interesadas poderán optar a unha axuda que cubre o custe total do mestrado
Santiago de Compostela

O mestrado universitario en Investigación Biomédica da USC é un dos cursos seleccionados na convocatoria de Axudas Clínico Formación AECC. Esta axuda cubrirá o custe total deste mestrado e está dirixida a profesionais, preferentemente do ámbito da saúde, que se atopen en activo en España. O prazo para solicitar a axuda permanecerá aberto ata ás 15.00 horas do 16 de xullo.

Este mestrado ten como obxecto proporcionar unha formación básica e unha actualización no coñecemento dos mecanismos moleculares e celulares implicados na patoxénese e na fisiopatoloxía das enfermidades humanas. O programa ofrecerá unha base sólida para iniciar programas de doutoramento orientados á investigación biomédica, adquirindo as habilidades básicas no traballo do laboratorio experimental, así como a capacidade de desenvolver tarefas profesionais no campo da investigación biomédica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.06.2025.