Ir o contido principal

O Ministerio entregou os premios nacionais fin de carreira, con cinco estudantes da USC recoñecidos

O Ministerio de Educación Cultura e Deportes celebrou este martes o acto de entrega dos Premios Nacionais Fin de Carreira do curso 2010-2011 que distinguen aos estudantes que cursaran con maior brillantez os seus estudos universitarios. A listaxe publicouse no Boletín Oficial do Estado o 8 de maio de 2014. Os alumnos galardoados ese curso cos premios nacionais son Martín Portos García, graduado en Ciencias Políticas; Elsa Liste Lamas, licenciada en Filoloxía alemá; e María Rivo Vázquez, Licenciada en Historia da Arte. Pola súa banda, Inés Casas Maroto, recibe unha mención pola súa licenciatura en Filoloxía Inglesa e Miguel García Fernández un accésit pola súa Licenciatura en Historia. O Ministerio outorgou nesta convocatoria un total de 55 Premios Nacionais, 54 mencións e 52 accésit entre as máis de 650 solicitudes presentadas procedentes de todas as universidades españolas e de todas as áreas de coñecemento. En convocatorias anteriores o alumnado da USC tamén acadou importantes recoñecementos. Así, na resolución do curso anterior obtivéronse mencións para tres licenciados en Física, Enfermaría e Economía; dous accésit en Farmacia e Enxeñaría Técnica Industrial e un premio nacional en Enxeñaría Técnica Industrial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.04.2015.