Ir o contido principal

Unha mostra fai visible en Humanidades o traballo das mulleres a prol da conquista e da defensa dos dereitos humanos

Autoras da mostra ‘Defensora: unha viaxe a través das xeracións dos Dereitos Humanos’, en Humanidades
Autoras da mostra ‘Defensora: unha viaxe a través das xeracións dos Dereitos Humanos’, en Humanidades
A exposición ‘Defensora: unha viaxe a través das xeracións dos Dereitos Humanos’, está elaborada por alumnas do grao en Ciencias da Cultura

A exposición ‘Defensora: unha viaxe a través dos Dereitos Humanos’, realizada por alumnas da materia Ética Aplicada do último curso do grao en Ciencias da Cultura, salienta a figura e o traballo feito por 19 mulleres a prol da conquista e da defensa dos dereitos humanos.

Esta obra colectiva, coordinada pola profesora Beatriz Fernández Herrero, e da que son autoras, Silvia Blanco, Marta Calvo, Laura Pérez, Ana B. Pérez, María Núñez, Elisa Verdín e María Peinado, busca achegar ao público a obra e o legado de mulleres de diferentes partes do mundo que en distintas fases da historia dedicaron a súa vida á defensa dos dereitos humanos.

Esta mostra está formada por un total de 19 carteis ilustrados, nos que as autoras da mostra, recollen ilustracións doutras tantas figuras femininas, así como un breve resumo das súas vidas e do traballo que desenvolveron . A mostra permanecerá aberta ao público no vestíbulo da Facultade de Humanidades ata mediados de xaneiro e logo quedará instalada na Biblioteca Intercentros do campus de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2018.