A música galega únese por Palestina da man da USC e da Fundación Araguaney

UNRWA será quen reciba o recadado nesta iniciativa solidaria que organizan a Cátedra USC-Araguaney para o Diálogo entre Culturas e a Fundación
Watani, Ruxe Ruxe, Wöyza, Monoulious Dop e Mondra subirán o 9 de outubro ás 20.30 horas ao escenario da Sala Capitol no concerto solidario AMALxGAZA (artistas galegas x Palestina) que organizan a Cátedra USC-Araguaney para o Diálogo entre Culturas e a Fundación Araguaney–Puente de Culturas. O recadado será destinado á Axencia das Nacións Unidas para as persoas refuxiadas de Palestina en Oriente Próximo (UNRWA).
O prezo das entradas anticipadas é de 15 € + gastos de xestión (web da Sala Capitol) e de 18€ no despacho de billetes. Tamén se poden adquirir en A Reixa Tenda (Rúa do Hórreo, 46) e no despacho de billetes da Sala Capitol o propio día do evento a partir das 19:30h.