Ir o contido principal

As particularidades de Ubuntu analizaranse nun curso de verán

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC 2009

Introducir aos asistentes de xeito metódico e exhaustivo nos detalles do funcionamento do GNU/Linux dende o punto de vista do usuario medio, como contraposición aos usuarios avanzados, é o obxectivo do curso de verán ‘Introdución a Ubuntu GNU/Linux (Ubuntu 09)’, incluído na Universidade de Verán da USC.
Con esta iniciativa formativa búscase amosar que o GNU/Linux está “listo para o escritorio”, derrubando o mito de que é un Sistema Operativo soamente para informáticos. Porase énfase en que os participantes rematen o curso cos coñecementos necesarios para poder facer con Software Libre as mesmas tarefas que veñen realizando habitualmente noutras plataformas, para deste xeito axudar a quen que se atope en proceso de migración.
O curso celebrarase do 27 ao 31 de xullo cunha carga lectiva de 31 horas e un límite de prazas de 60 persoas. As sesión celebraranse na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago baixo a dirección de Tomás Fernández Pena.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.07.2009.