Ir o contido principal

Premio da Valedora do Pobo para un traballo fin de grao da USC sobre os delitos contra a liberdade sexual

Rosalía Suárez e a delegada do reitor para igualdade da USC, Sonia Esperanza Rodriguez Boente. Foto: Valedora do Pobo
Rosalía Suárez e a delegada do reitor para igualdade da USC, Sonia Esperanza Rodriguez Boente. Foto: Valedora do Pobo
A autora é Rosalía Suárez Sánchez, graduada en Dereito

A graduada en Dereito pola USC Rosalía Suárez Sánchez fíxose co Premio da Valedora do Pobo polo seu traballo fin de grao ‘Os delitos contra a liberdade sexual: prevención, regulación e o piar fundamental do consentimento’. O galardón, que se entregou onte no Paraninfo da Universidade da Coruña, nesta modalidade compárteo ex aequo con Xoana Abraira de Bernardo, da UVigo, polo TFG ‘O oficio de lavar: unha cartografía sensible’.

Trátase da quinta edición destes premios aos mellores traballos fin de grao (TFG) e fin de mestrado (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres. Na modalidade de TFM o premio foi tamén outorgado ex aequo ás graduadas da Universidade da Coruña Iria María Fernández Sánchez e Sarah Lamas por traballos sobre referentes femininos na Historia da Música e a violencia contra as mulleres lesbianas e bisexuais no espazo público. 
 

Rosalía, acompañada da Valedora do Pobo e do reitor da UDC. Foto: Valedora do Pobo
Rosalía, acompañada da Valedora do Pobo e do reitor da UDC. Foto: Valedora do Pobo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.03.2025.