Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Presentación das actividades da USC co gallo do Día da Muller Traballadora

As Vicerreitorías de Coordinación do Campus de Lugo (Servizo de Participación e Integración Universitaria e Área de Orientación e Inserción Laboral), de Calidade e Planificación (Servizo de Igualdade de Xénero) e de Cultura presentarán este mércores, día 7, as actividades previstas co gallo do Día da Muller Traballadora.
Entre as actividades programadas, atópase a inauguración dunha exposición en Veterinaria que recolle o feminismo no último século, actuacións do Espazo de Danza Universitario e relatorios e mesas redondas que durante todo o mes analizarán o papel da muller no século XXI.
Para explicar os actos previstos o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre, e a vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos, Celia Besteiro, asistirán á roda de prensa que se celebrará este mércores ás 13:00 horas na Sala de prensa da Vicerreitoría de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.03.2007.