Presentación do libro 'A lingüística galega desde alén mar'
A biblioteca do Instituto da Lingua Galega (ILG) acolle este mércores, 13 de xaneiro, a presentación do libro A lingüística galega desde alén mar.No acto, que se desenvolverá ás 11:00 horas, participan a directora do ILG, Rosario Álvarez; o director do Departamento de Filoloxía Galega da USC, Francisco Cidrás; e o coordinador da edición e profesor da Universidade de Wisconsin-Milwaukee, Gabriel Rei-Doval.
A edición da obra, promovida polo ILG, o Departamento de Filoloxía Galega e a Asociación Internacional de Estudos Galegos, ten a súa orixe nas contribucións presentadas ao VIII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos celebrado na Universidade Federal da Bahia (Salvador, Brasil) en setembro de 2006.